Fagamos algo para que o noso centro se revitalice: formas parte do profesorado dun centro caracterizado pola falta de motivación en alumnado e personal docente; un centro onde as metodoloxías tradicionais, mesmo obsoletas, dificultan enormemente a captación da atención dos aprendices. Dado este contexto laboral, deberás botar man da innovación e propor un plan de acción que axude a revitalizar o centro, dando cabida á expresión artística no máis amplo senso (música, pintura, teatro, etc.) como vía para a motivación e a implicación.
A miña EduPill consiste nunha unidade que ten unha duración aproximada de 3 clases (6h lectivas) e que ocuparía semana e media de tempo real do alumnado. Esta unidade creouse en torno ó tema da arte e pretende que o alumnado repase elementos de gramática coma o presente continuo ou o reported speech, á vez que aprende novo vocabulario descriptivo. As actividades teñen un carácter creativo e teatral. Tódalas clases poñen o énfase na produción oral.
O primeiro día é o máis denso en cuestión de materiais, pois consiste na introdución do tema, do vocabulario, repaso de gramática básica, etc. Este primeiro día combina o traballo individual co traballo en parellas e a tarefa final consiste en que cada estudante terá que buscar unha obra de arte que os represente a e presentarlla ó resto da clase. Ó final da clase proporáselle ó alumnado unha actividade de webquest para realizar na casa, mediante a cal terán que visitar un museo online, atopar un/ha artista que lles interese e crear unha pequena presentación para o seguinte día de clase.
O segundo día consistirá na posta en práctica de dita presentación. Despois de que se realice a presentación, realizarase un sorteo para dedicir qué artistas serán entrevistados e o alumnado xuntaráse en grupos pequenos e escribirán 5 preguntas que lles gustaría facerlle ó artista que lles toque. A tarefa central consistirá nunha entrevista ficticia onde artistas presentados na aula serán entrevistados por un grupo de "críticos de arte". Ó rematar as entrevistas cada integrante do grupo terá que escribir unha reseña da entrevista empregando o Reported Speech. Durante a clase, e antes de realizar as actividades, a profesora explicará a teoría relacionada coas WH Questions e co Reported Speech.
O terceiro día consiste na posta en común de diversos micro-relatos por parte do alumnado. Esperase que durante a fin de semana o alumnado cree micro-relatos acompañados de ilustracións/cadros. No tempo da clase, o alumnado presentará os seus relatos ós compañeiros/as e discutirán sobre aspectos do proceso creativo. Unha vez entregados tódolos relatos á profesora, estes pasarán a formar parte dun concurso de micro-relatos organizado cos outros grupos de B1 que se presentará na web da EOI para que o resto do alumnado/profesorado poida votar sobre cal considera o seu favorito. Os relatos subiránse con pseudónimos para que o alumnado non se sinta intimidado.
Debido a que as aulas da EOI teñen un perfíl moi distinto ó dun IES, decidín facer unha serie de axustes na creación de materiais e actividades, de maneira que se adaptasen ás realidades do tipo de alumnado que tende ir ás EOIs: adultos con motivacións laboraIS, estudantes universitarios, xubilados ou adultos que queren aprender por diversión/hobby ou estudantes de instituto altamente motivados.
Os meus obxectivos:
- Crear aulas activas e interactivas onde o alumnado puidese pór en práctica o que aprendese. Estas aulas combinan actividades grupais (diálogos, presentacións, escritura en grupo), con pequenas actividades individuais para facer na casa.
- Involucrar de maneira activa ó alumnado da aula, crear pequenas actividades que poidan involucrar a todo o centro (ou á sección de lingua inglesa) cando sexa posible.
- Énfase na creatividade, na conversación e na improvisación para fortalecer a comunicación oral e a confianza do alumnado.
- Minimizar a carga de traballo pra facer na casa.O alumnado tende a ser persoas adultas con traballo, familia ou outras responsabilidades que poden limitar a súa capacidade para traballar fóra da aula.
- Limitar o uso das novas tecnoloxías á creación de actividades (infografías, vídeos, o blog) e vídeos/audios. Debido ás características demográficas do alumnado, abstívenme de usar actividades pra facer en liña como as que podemos atopar en plataformas como educaplay, dado que penso que son máis útiles con alumnado novo e porque implican un dominio específico das plataformas e un acceso constante a internet que non sempre se poden garanter.
- O blog consiste nunha ferramenta opcional para o alumnado. Está creado ca finalidade de que o alumnado ausente poida seguir o que se fixo na aula (e obter os materiais) e máis como repositorio de deberes, materias e posibles explicacións para repasar na casa. As entradas creanse ó rematar a clase, coma un caderno de bitácora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario